Baiona acollerá a III Gala Benéfica “Giro’s con Uxía e a Nf1”

FOTO: ANPA ÁNGEL DE LA GUARDA // II Gala Solidaria Giro's camina con Uxía y la Neurofibromatosis.

O domingo 2 de decembro celebrarase no Auditorio V Centenario de Baiona a gala benéfica a favor de Uxía Fernández, unha nena coa enfermidade rara chamada Neurofibromatosis do tipo 1 (Nf1). O evento pretende recadar fondos para o seguimento no hospital San Joan de Deu en Barcelona e na súa unidade de trastornos da aprendizaxe (UTAE), unidade privada cuxos servizos non están concertados co sistema público de saúde.

Contarán con actuacións do grupo de baile Giro’s do Centro Cultural e Social de Baíña, figuras tan coñecidas do teatro como Agustín Leirós e o pallaso Popín e outras musicais como Diego Pacheco e Tony Delgado entre outros. Haberá unha fila 0 para todo aquel que queira realizar doazóns na conta ES65 0049 2509 34 2494103611 e diversos sorteos solidarios nos que participarán cos números adquiridos no Auditorio con doazóns de 1€ por número. Tamén haberá artigos que se poderán adquirir en forma de doazóns a través das redes sociais e na mesma gala.

2018-11-12 - WhatsApp Image 2018-11-12 at 10.27.55