Anuncios
Ticker de novas

O Erizana xa pode utilizar o campo de fútbol do Aral

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Renovación do campo de fútbol do Aral.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, mantivo este venres unha reunión cos directivos do Club de Fútbol Erizana, para informarlles persoalmente de que xa poden utilizar as instalacións do Campo do Aral. O mes de outubro e sobre todo estes últimos días foron de gran tensión, e o rexedor entende e pide desculpas a todos os afectados por esta situación, que, aínda que sexa allea ao Concello, “é este con o seu alcalde á cabeza quen ten que dar solucións”.

Ao longo deste tempo, Ángel Rodal mantivo varias reunións cos directivos do Erizana, para axudar en todo o que fose posible, á espera de que a entrega do campo fose inmediata. Ao ver que a empresa construtora estaba a ter serios problemas de servizo, optou por poñerse en contacto coa Deputación de Pontevedra, parte imprescindible neste asunto, para ver a posibilidade de utilizar o campo aínda que faltase algunha actuación por rematar.

Nun primeiro contacto verbal fai máis dun mes, comunicóuselle desde Deputación a imposibilidade de recepcionar parte do traballo, co cal se esperou á posibilidade de que a empresa o rematase. Vendo que ía ser imposible que a empresa entregase o traballo finalizado e acabándose as opcións ao Erizana, Ángel Rodal optou novamente por poñerse en contacto coa Deputación para darlle unhas solución dunha vez por todas, pero nesta ocasión fíxoo por escrito, fai hoxe exactamente unha semana como ben di un comunicado que a Deputación realizou hoxe mesmo, ratificando o traballo realizado desde o Concello.

Como se alongaban na contestación e o alcalde estaba decidido a ser un manifestante máis na convocatoria de manifestación que se ía a celebrar este luns próximo para que o Erizana puidese utilizar as instalacións, realizou unha chamada persoal á Institución Provincial co fin de non ter que facer esta presión mediática.

Nesta conversación avanzouse xa o acordo polo cal a Deputación de Pontevedra apoiaba a utilización do Erizana das instalacións, que se fixo firme esta mañá. Ángel Rodal agradece enormemente que ao final a Deputación entrase en razón e “permítanos a utilización desta instalación tal crucial para o Erizana e todos os seus socios, moi especialmente a Carlos Font, e a presidenta Carmela Silva”.

Anuncios