O CEIP Humberto Juanes agradece o labor dos sanitarios cunha homenaxe no exterior do Centro de Saúde de Panxón

O CEIP Humberto Juanes de Nigrán celebrou hoxe o Día Mundial da Saúde (7 de abril) cun pequeno pero emotivo acto no exterior do Centro de Saúde de Panxón para agradecer o labor dos sanitarios durante esta pandemia. Con este obxectivo, o alumnado de 6º de Primaria, en representación de todo o colexio e acompañado pola dirección do centro e o alcalde de Nigrán, aplaudiu publicamente na entrada ao persoal e os agasallou cunha carpeta chea de traballos escolares elaborados por todos os cursos para amosar o seu respecto, agradecemento e admiración. Igualmente, os sanitarios recibiron moi emocionados este cariño e escoitaron atentamente as cartas que alí mesmo lle foron lendo. Precisamente, o Concello de Nigrán entregou o Premio Nigrán 2020 ao ao persoal sanitario do municipio en recoñecemento polo seu titánico labor nesta pandemia.