Anuncios
Ticker de novas

O Erizana sairá á rúa para reclamar a reapertura do campo de fútbol do Aral

FOTO: ERIZANA CF // Asemblea de socios.

Nunha demostración de unión sen precedentes recentes, cerca de 100 persoas acudiron onte á reunión de socios convocada polo Erizana Club de Fútbol, e outras moitas que non puideron asistir pero que manifestaron previamente e por distintos medios o seu apoio.

Na reunión e despois da exposición por parte da Directiva da situación actual, na que poden ver un campo rematado mentres os seus xogadores pasean de campo en campo, os socios tomaron de forma asemblearia a decisión de renovar os adestramentos segundo o plan exposto pola Dirección Deportiva e que pasa por reducir numero de adestramentos e que as familias asuman as incomodidades que se presenten. “O interese dos rapaces é o primeiro e non queremos nin podemos permitir que sigan no sofá”.

De xeito paralelo poñer en marcha unha serie de actividades que pretenden única e exclusivamente que os entes implicados (Concello, Deputación e empresa adxudicataria da obra) busquen unha solución a esta situación difícil de entender para a cidadanía en xeral e a familia Erizanista en particular. Estas medidas, en principio son a recollida de firmas, a presentación de reclamacións individuais -haberá unha reclamación tipo na que os pais e cidadáns teñan oportunidade de adherirse á reivindicación común pero ademais mostrar a súa opinión persoal-, e unha quedada o luns ás 18:00 horas na entrada do campo do Aral para a realización dunha cadea humana polo Casco Vello para dar visibilidade a súa preocupación.

Segundo sinala o Erizana, todas estas medidas e outras que se poidan poñer en marcha estarán supeditadas a que, de forma inminente o problema se solucione. “Só queremos adestrar e xogar nun campo que vemos rematado todos os días”.

2018-11-09 - 45675777_2097977456919101_5264538231583539200_o

Anuncios