Anuncios
Ticker de novas

Quarteto Contratempus visita o Conservatorio Elemental de Gondomar

Este venres 9 de novembro ás 19:00 horas os alumnos do Conservatorio Elemental de Gondomar terán a oportunidade de coñecer ao Quarteto Contratempus, que lles presentarán o seu proxecto “As sete mulheres de Jeremías Epicentro”, unha oportunidade para coñecer de preto a ópera de cámara e proxectos de creación propia. No final poderán conversar con eles sobre todo o que leva a produción dun espectáculo, dende a idea orixinal ata o día da estrea.

Esta é a historia de Jeremias Epicentro, un D. Giovanni moderno e incansable. Mais Jeremias é un enorme sedutor que se apaixona e desapaixona nun pequeno espazo entre catro paredes. É un sedutor solitario.

Os sentidos de Jeremias viven do mesmo modo o real e o virtual. Na súa hiperactividade emocional, Jeremias Epicentro seduce, por iso, as personaxes con que xoga, as actrices dos filmes que ve e, en última análise, as heroínas dos libros que le. No seu cuarto cabe o mundo enteiro, caben todas as emocións e experiencias humanas, as paixóns, os enganos, as proezas e desasosegos. Prisioneiro do seu monitor, Jeremias, como tantos contemporáneos seus, vai perdendo a capacidade de distinguir o real do virtual.

Así é: cada vez se perden máis xuízos reais por cousas ficticias. No seu cuarto, Jeremias palidece, co tempo. No mundo virtual hai pouco sol.

Anuncios