Anuncios
Ticker de novas

Os socialistas de Baiona piden explicacións polo aprazamento do pleno de novembro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Pleno de Baiona.

Desde o Grupo Socialista de Baiona esixen ao alcalde, Ángel Rodal, que dea explicacións públicas polo aprazamento do pleno previsto para hoxe xoves, alegando a recusación á concelleira Beatriz González, que deixou o seu posto no goberno local e pasouse ao grupo de non adscritos por vontade propia.

Os socialistas lembran que en 2017 e 2018, a primeira Tenente de Alcalde e Concelleira de Persoal, María Iglesias Fernández, sentouse a negociar cos sindicatos os soldos de varias persoas, entre eles o do seu propio marido. Carlos Gómez, portavoz socialista, esixiu entón a súa dimisión en dúas ocasións. A resposta foi “non teño nada que ocultar”, ao que Gómez replicou entón que “por ética e hixiene democrática, debeu inhibirse na negociación do salario do seu marido”. “Pola súa banda, o Alcalde, señor Rodal, nun xesto antidemocrático máis, fixo oídos xordos á petición do portavoz socialista”.

O Grupo Socialista de Baiona pide ao alcalde resposta a varias preguntas: Por que naquela ocasión non houbo recusación? Cal é a súa rapadoira de medir? É norma do señor Rodal estar con el ou contra el?

Anuncios