Anuncios
Ticker de novas

Encaixamos celebra este sábado o tradicional Magosto en Sabarís

A Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor, Encaixamos, celebra este sábado 10 de novembro o tradicional Magosto na Praza de Abastos de Sabarís. Desde as 17:30 ata as 21:00 horas haberá bocadillos e bebidas a prezos populares con castañas gratis con cada consumición ata fin de existencias. Roberto Caco amenizará a velada con música de agora e sempre e ao finalizar, queimada gratis para todos os asistentes.

Anuncios