O goberno de Baiona recusa a Beatriz González e apraza o pleno previsto para mañá

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Pleno de Baiona.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, anuncia que o pleno que se ía a celebrar mañá terá que celebrarse outro día. Os cambios sufridos nas últimas horas no organigrama da corporación obrigaron a ter que pospoñer a sesión prevista para este xoves para cumprir coa legalidade vixente respecto aos prazos que marcan as administracións.

“Cabe lembrar que neste pleno levaranse a votación os orzamentos para o ano 2019, nos cales se amortiza a praza de prensa do Concello de Baiona por innecesaria, cun aforro importante ás arcas municipais, praza que nestes momentos ostenta a irmá da concelleira Beatriz González Pérez, que á súa vez se pasou ao Grupo Mixto este mesmo luns día 5, a propósito de que o día 8 teriamos un pleno crucial ao contar este con os orzamentos do ano 2019 onde se amortiza dita praza”, sinalan nun comunicado.

Desde o goberno local informan que ao estar incluída a amortización da praza da súa irmá nos orzamentos do ano 2019, realizarán unha recusación formal acolléndose ao artigo 23 da Lei 40/2015 de Réxime xurídico do Sector Público.

Artigo 23. Abstención.

  1. As autoridades e o persoal ao servizo das Administracións en quen se dea algunhas das circunstancias sinaladas no apartado seguinte absteranse de intervir no procedemento e comunicarano ao seu superior inmediato, quen resolverá o procedente.
  2. Son motivos de abstención os seguintes:
    a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución puidese influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.
    b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
    c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas no apartado anterior.
    d) Intervir como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
    e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou prestarlle nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
  3. Os órganos xerárquicamente superiores a quen se atope nalgunha das circunstancias sinaladas no punto anterior poderán ordenarlle que se absteñan de toda intervención no expediente.
  4. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das Administracións Públicas nos que concorran motivos de abstención non implicará, necesariamente, e en todo caso, a invalidez dos actos en que interviñesen.
  5. A non abstención nos casos en que concorra algunha desas circunstancias dará lugar á responsabilidade que proceda.

Por tal motivo vense obrigados a solicitar a recusación formal acolléndose ao artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público,

Artigo 24. Recusación.

  1. Nos casos previstos no artigo anterior, poderá promoverse recusación polos interesados en calquera momento da tramitación do procedemento.
  2. A recusación exporase por escrito no que se expresará a causa ou causas en que se funda.
  3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.
  4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, previos os informes e comprobacións que considere oportunos.
  5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpoñer o recurso que proceda contra o acto que poña fin ao procedemento.

“E este é o motivo polo cal temos que aprazar o pleno que tiñamos no día de mañá, tendo que poñerlle unha nova data. Este goberno traballa cumprindo estritamente a legalidade e non vai ser leste un caso diferente”, conclúen.

Anuncios