Unha panadería de Nigrán, entre as mellores de España

A sala Malena Experience de Madrid foi o escenario para celebrar, por segunda vez a entrega das Estrelas ao mundo da panadería española aos panadeiros TOP do país. O evento quixo recoñecer aos panadeiros top de España que forman a lista da Ruta Española do Bo Pan 2018, elixidos por Panàtics e Pan de Calidad, despois de pasar unha selección previa de entre os 250 panadeiros máis valorados nas catas realizadas.

Entre os panadeiros recoñecidos está Adolfo Villafines, da Panadería La Pintora de Nigrán. Tal e como sinalan eles mesmos, desde hai máis de 130 anos, ata hoxe, moito cambiou no seu obradoiro, excepto o principal: a fidelidade ao produto natural e aos procedementos de elaboración que manteñen a esencia orixinal e tradicional de cada unha das especialidades.

“O noso afán por innovar levounos a seguir un camiño diferente, sen renunciar ao seu espírito netamente artesanal. Unha receita que nos permitiu chegar a esta cuarta xeración co orgullo de sentir este oficio como unha forma de vida”. Desde o establecemento, que tamén conta con despacho no centro de Sabarís e obradoiro de pan en Baiona, aseguran estar orgullosos deste recoñecemento “que nos fai esforzarnos, se cabe, un pouco máis cada día, grazas a todos os nosos clientes por estar sempre apoiándonos”.

A todos os gañadores fíxoselles entrega dun diploma acreditativo da Estrela e uns distintivos para a sinalización da súa/s tenda/s para que os seus clientes poidan valorar a calidade do pan que compran.

Durante un ano completo realizáronse seis semifinais a nivel nacional repartidas entre seis cidades: Motril, Bilbao, Santiago de Compostela, Valencia, Barcelona e Madrid onde distintos xurados formados por profesionais das distintas autonomías encargáronse de avaliar, sempre dunha maneira anónima, os pans que se presentaron en cada unha das semifinais.

A avaliación dun xurado en cada cata, escoitar todas as opinións, buscar información e a gran dificultade, valorar innumerables tipos de pans diferentes, excelentes especialidades que se poden atopar no noso país.

O sistema de catas anónimas co que se traballou garante neutralidade e total independencia á hora de avaliar e decidir. O único inconveniente foi ter que excluír a moi bos profesionais que non puideron chegar a formar parte desta lista exclusiva de panadeiros que se marcaron para facer o recoñecemento anual. Sempre que se elixe, descártase, ás veces inxustamente.

Despois do acto fíxose unha homenaxe a todos os grandes panadeiros españois e en especial, aos que foron seleccionados este ano polos seus méritos para formar a lista da Ruta Española do Bo Pan 2018 así como a todos os patrocinadores e asistentes por compartir a experiencia de tan novo acontecemento.

2018-11-05 - Foto-de-grupo-5

Anuncios