
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa que a “Festa do Samaín” que organiza este mércores 31 de outubro trasládase ao Pavillón Municipal de Deportes ante as previsións meteorolóxicas. Todos aqueles nenos e nenas que se acheguen pasarán unha tarde terrorífica e poderán participar en diversas actividades.
A xornada comezará ás 16:30 horas con inchables e prolongarase ata as 20:30 horas. Desde as 17:00 ata as 19:00 horas haberá “Obradoiros monstruosos”, onde levarán diferentes labores como: pinta caras, monicreques de medo, bruxa sorpresa, casa encantada… entre outras moitas sorpresas. De 17:00 a 19:30 horas os máis pequenos poderán gozar do pasadizo do pánico.
Para finalizar a festa ás 19:30 horas dará comezo un gran “Flashmob do terror” onde todos poderán bailar ao son de coñecidas coreografías musicais.