Obradoiro de dobraxe na Biblioteca de Baiona

Este mércores, 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Baiona celebrará o Día da Biblioteca Pública cun obradoiro de dobraxe. Trátase dunha actividade lúdica educativa, que achegará aos nenos e nenas participantes, dunha maneira amena e participativa, a este fascinante mundo. Mediante unha dramatización moi visual, mostraranse todos os pasos da elaboración dunha película, desde a creación do guión ata a dobraxe, que -como non- os asistentes realizarán. O obradoiro organizarase en dous grupos con dous horarios diferentes. O primeiro deles terá lugar de 17:00 a 18:00 horas e o segundo de 18:00 a 19:00 horas, dirixido a nenos e nenas de 8 a 11 anos. A entrada é gratuíta e o aforamento é limitado polo que é necesaria a inscrición previa na propia Biblioteca ou no teléfono 986 35 59 43.