Anuncios
Ticker de novas

O baionés Brais Gómez, segundo na décima edición do Trofeo Blanco Villar

A décima edición do Trofeo Blanco Villar, organizada polo Club Ciclista Padronés, reuniu este sábado no concello coruñés de Rois aos corredores cadetes, júniors e masters. Unha cita que foi a antesala do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) que se celebrará o mércores en Baños de Molgas.

Nos 30 quilómetros da proba cadete, o baionés Brais Gómez Cima (Ponteareas) foi segundo tras ser superado ao sprint polo representante do club anfitrión Miguel Ángel Mera (Cortizo – Anova), o líder da Copa Galicia que reafirmou a súa condición de invicto. Ambos os dous con un tempo de 59:46. Doce segundos despois cruzaron a liña de meta Adrián López (Compostelano) e Manuel Rodríguez (Ponteareas), terceiro e cuarto respectivamente.

Anuncios