Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira organiza unha andaina por Belesar e Baíña

A Asociación de Veciños “Castro e Ladeira” organiza para este sábado día 27 de outubro outra andaina. “Os obxectivos desta actividade son moi claros, -afirma Martín Otero, presidente do colectivo-, non só queremos promover o deporte mediante as andainas, tamén queremos potenciar e promover as parroquias, sen esquecernos da convivencia entre veciños, algo que se está a perder”.

A ruta, que comezará ás 16:00 horas desde o Colexio de Belesar, discorrerá por dúas parroquias, nesta ocasión, Belesar e Baíña. “Todas aquelas persoas interesadas, que acudan ao punto de encontro. Queremos que os veciños pasen un bo rato mentres camiñan e coñecen as parroquias e os arredores”, conclúe Martín.

Anuncios