Anuncios
Ticker de novas

Gondomar ofrece este sábado o contacontos inclusivo “Perdido?”

O Concello de Gondomar continúa este sábado 20 de outubro a programación cultural de outono co contacontos inclusivo “Perdido?”, unha obra en lingua de signos e lingua oral para toda a familia, que comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío. O prezo da entrada será de 2,50 euros, e o despacho de billetes abrirá ás 18:00 horas.

“Perdido?” é unha combinación de presentación oral escénica e lingua de signos, co ánimo de impulsar mediante contos un cambio sociocultural cara a convivencia, respecto, inclusión e participación activa entre a comunidade xorda e a comunidade oínte.

Anuncios