Anuncios
Ticker de novas

Café Bar Estanco e Tapería A Galiña gañan a sexta edición de “As Tapas do Conde”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia dos gañadores.

Este venres entregáronse os premios do concurso gastronómico “As Tapas do Conde”, celebrado en Gondomar os días 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de setembro, e no que participaron 13 establecementos, cun total de 25 tapas, a metade salgadas e outras tantas doces.

O acto tivo lugar no Pazo do Conde e estivo presidido polo alcalde, Francisco Ferreira, o concelleiro de Comercio e Turismo, Xosé Antón Araúxo, o Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, e o vicepresidente da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi), Jose González, amenizado coa voz da soprano Dania Diva.

Foron os propios consumidores cos seus votos os que decidiron cal é a tapa gañadora nas dúas modalidades participantes: doce e salgada.

Na categoría de tapa salgada o primeiro premio recibiuno o Café Bar Estanco, coa súa creación “ Tosta de vieira con pisto de fungos”, o segundo a Tapería Adechape, con “O niño do cuco”, e o terceiro a Jamonería Tapería Bastión, coa tapa “Salpicón de marisco e dijon”.

Na categoría de tapa doce, a gañadora foi “Deleite”, da Tapería A Galiña, o segundo foi para A Bodega do San Xoán, con “Explosión morena”, e o terceiro para a Tapería Café As Novas Torres e a súa “Torta de chocolate branco con noces”.

Tamén se entregou o teléfono móbil Wiko View 2 Go de 32 GB doado por Expert Gondomar, sorteado entre os consumidores que participaron no evento votando pola súa tapa favorita e que recaeu en Manuel Puentes.

Desde OVALMI, queren agradecer a colaboración do Concello de Gondomar e a total implicación da hostalería da Vila, sen a cal a realización deste tipo de eventos sería imposible.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios