Anuncios
Ticker de novas

A poesía fúndese co mar este sábado en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Marta Dacosta.

O Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa AELG, organizan un dos obradoiros que forman parte do proxecto “Obradoiros Literarios” bautizados como “Poesía e Mar”, unha cita coa cultura e a lingua galega. Este ciclo ábrese este sábado, 20 de outubro, con “Palabras Varadas”, unha idea de Marta Dacosta que terá lugar na Capitanía Marítima de Baiona e na que cada asistente debe presentar un poema escrito en galego co mar como protagonista.

É unha proposta especialmente dirixida ao profesorado e a todo aquel que estea interesado no ensino, a desenvolver en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados en participar terán que inscribirse previamente a través do correo oficina@aelg.org, chamando ao teléfono 981 133 233 (de 9:30 a 14:00 horas) ou no móbil 696 581 971 (chamada, WhatsApp ou Telegram), indicando en todos os casos o título do obradoiro (Palabras Varadas), nome completo, DNI e contacto telefónico.

Anuncios