Anuncios
Ticker de novas

O Cereixa convoca unha xornada medioambiental para arrincar eucaliptos no Galiñeiro

O Cereixa Gondomar Fútbol Sala anima aos afeccionados, simpatizantes, amigos… do fútbol sala miñorán e dos arredores, a participar nunha xornada de arrinque de eucaliptos, na zona do Galiñeiro, onde o ano pasado tiveron lugar os incendios. Será o  domingo 21 de outubro a partir das 10:30 da mañá nunha zona aínda por designar pola Comunidade de Montes de Vincios. Máis información no seu Facebook, no correo cereixafsgondomar@gmail.com ou no número de teléfono 609 282 753. “Unha xornada medioambiental na que todos gañaremos, e coa cal queremos poñer o noso graniño de area. Para esta actividade tan so fai falta gañas e un par de luvas”, sinalan desde o club.

Anuncios