Anuncios
Ticker de novas

Camos bótase ao monte para acabar cos eucaliptos

Un centenar de persoas acudiron este sábado á chamada da Comunidade de Montes de Camos e as Comunidades de Augas. Ás 16:15 horas partiron do Colexio Estudio de Chandebrito cun único obxectivo, eliminar a maior cantidade posible de eucaliptos dos montes da parroquia cando se cumpre un ano dos terribles incendios do 15 de outubro de 2017. Como recompensa ao esforzo, todos os participantes recibiron froita e auga.

Anuncios