Anuncios
Ticker de novas

Noite de teatro en Mañufe coa obra “Helios-Terapia”

Este sábado 13 de outubro continúa a V Mostra de Teatro Afeccionado “Mañufe levanta o telón”, organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe. O grupo de teatro “Helios, Teatro de Bembrive” representará a obra “Helios-Terapia” de José Mejuto ás 21:00 horas no Centro Cultural da parroquia.

O ciclo seguirá o sábado 20 co grupo de teatro Expresión “Lúa Chea” de Poio, que representará a obra “Abre a porta”, e o sábado 27 a mostra chegará ao seu fin co grupo “O Faro da Sorna” de Budiño, coa obra “Aquí non paga ninguén” de Darío Fo.

Anuncios