Anuncios
Ticker de novas

Continúa o “Mes do teatro” en Nigrán coa representación de “Pritis Cuomis”

O Concello de Nigrán continúa este sábado 13 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal co “Mes do teatro” ofrecendo a representación da Aula de Teatro “Pritis Cuomis” de Gondomar coa obra “Pata de clown”. A programación, dedicada a grupos afeccionados da esfera local, continúa o venres 19 ás 21:00 horas con Teatro do Ar de Nigrán con “Marionetas”; o sábado 20 o grupo “Rosalía de Castro” de Vigo con “Os vellos non deben namorarse” e, finalmente, o sábado 27 “A Xesta Vermella”, de Borreiros (Gondomar) con “Pola culpa do Gayoso”.

“En toda a comarca hai moitos grupos de teatro afeccionado aos que o Concello quere apoiar ofrecéndolles un espazo para interpretar as súas obras, xa que ao mesmo tempo hai un público moi interesado”, sinala o alcalde, Juan González.

Anuncios