Os socialistas non apoian a implantación da zona azul no centro de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Rúa Cidade de Vigo.

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Baiona votou esta mañá en contra de impoñer a zona azul en Baiona, por non concretar dende o grupo de goberno si os veciños residentes poden estacionar o seu vehículo sen límite de horario. Os socialistas de Baiona entenden que a carga impositiva que teñen os veciños, non pode ser gravada coa limitación de horarios no estacionamento do seu vehículo, debendo permitir o estacionamento ilimitado a residentes, creando unha «Tarxeta de residente» como hai en outras cidades nas que está implantado. Por outra parte, veñen denunciando dende hai tempo que Baiona carece de estacionamentos en superficie para dar cabida a realidade actual, como se recoñece na exposición de motivos que faculta a imposición da zona azul.