Anuncios
Ticker de novas

Chandebrito 1807 sinaliza os bens culturais da parroquia

FOTO: CHANDEBRITO 1807 // Un dos paneis colocados xunto ao petróglifo da Chan das Tomadas.

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 vén de instalar diversa cartelería en madeira e chapa para sinalizar diversos bens culturais da parroquia, tales como os petróglifos e muíños rupestres situados na Chan das Tomadas, as Ventaniñas, na Presa dos Soldados, O Piñeiro, e A Cañoteira, entre outros.

Nas próximas datas tamén está prevista a instalación de placas graníticas en varios lugares, indicadoras de catorce topónimos tradicionais.

Por outra banda, vai insistir en que se recollan no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán todos os bens que inventariou este colectivo, algo que a Xunta de Galicia esixiu en varias ocasións ao Concello de Nigrán, xa que no borrador do citado documento do PXOM non se incluíron máis que unha parte dos mencionados elementos obxecto de protección.

Deste xeito, esta Agrupación, con máis de dez anos de antigüidade, segue apostando pola recuperación, conservación, divulgación e posta en valor de todo o patrimonio cultural de Chandebrito.

Anuncios