Anuncios
Ticker de novas

Morgadáns acolle o Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós

FOTO: PEPE COSTAS // Supercrós no circuíto de Morgadáns.

Este venres 12 de outubro o Circuíto SX Abelleira de Morgadáns acollerá o Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós, organizado polo Motoclube Máis Gas contando coa colaboración da Concellería de Deportes. Trátase dun evento deportivo, non oficial, non federado, no que se aplicará o regulamento do Campionato de España de SX.

O obxectivo é fomentar, promocionar e divulgar eventos deportivos de supercrós para o goce da afección a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen a directiva abnegada xunto co esforzo e colaboración desinteresada dos seus membros e achegados e, por suposto, da afección galega que en definitiva é a que lle dá sentido a que o club siga traballando.

A proba, que conta con 71 pilotos inscritos repartidos nas categorías Alevín, Promesas, Hobby, Promoción, Veteranos, Mulleres e Elite, comezará ás 9:00 coas verificacións. Ás 11:00 celebraranse os adestramentos libres e clasificatorios e ás 15:00 horas disputaranse as carreiras.

Anuncios