Mila López gañou en Murcia a xeral final da Copa de España de Ciclismo Adaptado

A ciclista Mila López (Ifit Galicia) logrou proclamarse gañadora da Copa de España de Ciclismo Adaptado categoría WH4 e a falta dunha proba para concluír a competición. A “handbiker” baionesa impúxose con autoridade nas dúas últimas carreiras celebradas nas localidades murcianas de Águilas e Mazarrón que foron a sexta e sétima probas da Copa, ambas as dúas organizadas polo Club Ciclista Pro Bike.

López sorprendeu na xornada do sábado pola superioridade mostrada na súa categoría WH4 ao completar as voltas ao percorrido de 3,1 quilómetros en 01:14:20 deixando á segunda clasificada Pilar Montoya (Fundación Castilla) a catro voltas e á valenciana Beatriu Spuig (Tetrasport) a cinco.

Tras a súa vitoria en Mazarrón, a galega non se reservou nada en Águilas e lonxe de acusar o esforzo do día anterior mostrouse novamente intratable no percorrido aguileño disposto sobre unha distancia de 2,6 quilómetros. Á conclusión, Mila venceu cun rexistro de 1:08:34 deixando a Pilar Montoya (Fundación Castilla) e Mª Vitoria Cañada (Tetrasport) a tres voltas de distancia.

Mila López (Ifit Galicia) pecha desta maneira unha brillante tempada na que á Copa de España de Ciclismo Adaptado de Estrada refírese xa que podería permitirse o non tomar parte na cita que lle resta para chegar ao seu fin: o Gran Premio Cidade de Badaxoz.

2018-10-08 - 43374019_1360120620789828_3476494108753657856_o

Anuncios