Este pasado sábado celebrouse en Vigo, nas instalacións do colexio Miralva, o V Torneo de Xadrez Miralva, torneo a sete partidas cun tempo de 15 minutos cada unha, onde o laroqueiro Artai Bringas proclamouse campión na categoría absoluta con seis puntos de sete posibles. Destacar o papel de Laura González, que rematou no segundo posto das femininas.
Por outra banda, en Ribadavia celebrouse na Igrexa da Madalena o III Torneo de Xadrez “Festa da Istoria”, torneo a seis roldas cun tempo de 10 minutos e incremento de 3 segundos por movemento no que os laroqueiros desprazados a terras do Riveiro fixeron un gran torneo. Na categoría absoluta Francisco Rego rematou na segunda praza na clasificación con 5,5 puntos de 6 posibles e empatado co campión do torneo, mentres que en categoría xuvenil a laroqueira Ana Fernández rematou na terceira praza da xeral e primeira feminina.



