Ensemble Vigo 430 inaugura o curso do Conservatorio Elemental de Gondomar

Este mércores 10 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío, o Ensemble Vigo 430 será o encargado de inaugurar o curso 2018/2019 no Conservatorio Elemental de Gondomar, e o fará cun repertorio que en moi poucas ocasións hai a oportunidade de escoitar, xa que interpretaranse a “Suite en Rocaille” de Florent Schmitt e a Serenata de Albert Roussell, ambas para quinteto de arpa, frauta, violín, viola e violoncello. Trátase de música composta no período de entreguerras do pasado século XX, con tinguiduras neoclásicas e pinceladas impresionistas típicas da colorista música francesa de esa época. O concerto completarase co célebre cuarteto con frauta en Re maior K.285 de Mozart. O concerto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro. Entrada libre ata completar aforamento.