Sin categoría

A actuación do CPA Gondomar no Mundial poderase ver en directo no Lois Tobío

Este sábado 3 de outubro ás 17:00 horas retransmitirase en directo no Auditorio Lois Tobío o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística na modalidade de show no que participa, por segundo ano consecutivo, o CPA Gondomar, e que nesta ocasión dispútase na localidade de Mouilleron lle Captif en Nantes, Francia.

O Campionato do Mundo de Patinaxe Artística comezou o xoves e prolongarase ata o vindeiro sábado día 13. O CPA Gondomar participará en Grupos Pequenos, no que será a segunda presenza da formación adestrada por David Figueroa tras o seu debut o pasado ano cun sexto posto en China que, loxicamente, tentarán mellorar este sábado 6 desde as 17:55, hora á que se iniciará a competición e que tamén se poderá seguir en directo nesta ligazón.