Nigrán ofrecerá unha Cabalgata de Reis coa recepción final no Pavillón de Panxón

O Concello de Nigrán ofrecerá a Cabalgata de Reis tradicional con saída ás 16:30 dende o Concello de Nigrán ata A Ramallosa e Panxón. O obxectivo é volver a unha cabalgata máxica que engaiole aos máis pequenos da maxia desta noite. Ante a posibilidade de choiva, pode haber pequenos cambios de última hora que se comunicarían a través da web http://www.nigran.es. A comitiva e as súas carrozas, formada por máis de 120 paxes e axudantes, conformarán unha verdadeira “Duendelandia” deseñada integramente por Sarao Animación e composta por Duendes, Ninfas, Elfos e Gnomos.

Deste xeito, as Súas Maxestades estarán presentes na Praza do Concello de Nigrán ás 16:30 horas para saír ás 17:00 horas cara a rúa Telleira por Rosalía de Castro. Ás 17:30 a comitiva retomarase na Ramallosa (Rúa Valle Inclán) co Séquito Real, Reinas Magas a cabalo, Paxes Reais, Duendes, Ninfas, Elfos, Gnomos e Carteiros Reais a cabalo e os tres Reis Magos para percorrer Cabreira, Romana Alta e Damas Apostólicas, Parque da Feira seguidamente continuarán por Romana Baixa e Manuel Lemos. Finalmente, a comitiva reaparecerá en Panxón (antes do espazo deportivo de Gaifar) sobre as 19:00 horas ata o Pavillón de Panxón onde haberá unha tirada de fogos de lucería.

Abrirase o pavillón municipal para desfrutar de animación e da música tradicional da Rondalla de Parada. A Cabalgata Real continuará polas rúas Jesús Espinosa, Mariñeiro e Paseo Marítimo e entrarán sobre as 19:30 horas no pavillón onde levarase a cabo a Recepción Real. As Súas Maxestades estará acompañados por un séquito de máis de 100 paxes do Club Baloncesto Nigrán, Club de Patinaxe Nigrán, Centro Educación Especial Juan María e Hípica Abraín cos seus xinetes a cabalo. Ademais, a Rondalla de Parada se sumará á comitiva na Ramallosa. Todos eles forman cadanseu grupo burbulla e repartirán máis de media tonelada de caramelos e gominolas sen glute coa novidade de que non serán lanzados ao aire para evitar concentracións.

“Despois de dous anos marcados pola pandemia é o momento de devolverlle aos máis cativos a maxia e a ilusión da noite de Reis. Este é un día moi importante para os máis pequenos e dende o Concello de Nigrán queremos axudalos a seguir soñando”, considera o alcalde, Juan González.