Usuarios do Centro Juan María viaxan a Londres

Un grupo de usuarios e usuarias do Centro Juan María, acompañados de tres monitores, realizan estes días a súa primeira viaxe a Europa a fin de coñecer unha capital europea. Foi este mércores día 3 cando puxeron rumbo a Londres para gozar de cinco días de actividades turísticas, lúdicas ou culturais na cidade. Os mozos e mozas encargáronse da xestión e organización dunha viaxe de baixo custo co apoio do equipo de lecer. Eles buscáronse o destino, os lugares para visitar, posibilidades de transporte, métodos de financiamento, aloxamento, etc. Os protagonistas deste proxecto atopan por primeira vez acceso ao turismo internacional mentres descobren a súa capacidade de organización e xestión da visita. Unha experiencia pioneira moi positiva que dá resposta aos seus intereses, fomenta a súa autonomía, capacidade de decisión, manifestación de gustos ou preferencias e a realización de actividades normalizadas fomentando así a súa inclusión na sociedade.