Blanca Lago e José Rodríguez, subcampións de España de bolo celta mixto por parellas

Este pasado fin de semana celebrouse en Tineo (Asturias) o II Campionato de España de bolos celta mixto por parellas. Participaron un total de 32 parellas das comunidades de Asturias, Cantabria e Galicia. As fases de clasificación xogáronse o sábado e a fase final ao día seguinte.

A parella miñorana formada polos xogadores Blanca Lago e José Rodríguez conseguiu o segundo posto, xa que na final perderon contra a parella asturiana formada por Sandra Díaz e Lu González cun resultado de 6 a 5. Este campionato pecha a serie de campionatos nacionais que se disputaron durante todos os fins de semana do mes de setembro.

A clasificación final foi a seguinte:
Campións de España: SANDRA DÍAZ e LU GONZÁLEZ dos clubs Villatresmil e L’Acabose de Tineo (Asturias).
Subcampións: BLANCA LAGO e JOSÉ RODRÍGUEZ dos clubs Estivada e Mañufe de Baiona e Gondomar (Galicia) respectivamente.
3º clasificados: JULIA LÓPEZ e MIGUEL LÓPEZ do club de bolos Xove de Xove (Lugo).
4º clasificados: INMA MENÉNDEZ e PABLO ÁLVAREZ dos clubs L’Acabose e Los Serenos de Tineo (Asturias).
5º clasificados: LAURA GONZÁLEZ e JOSE MANUEL GONZÁLEZ do club de bolos Camos de Nigrán (Galicia)
6º clasificados: JOANA FERNÁNDEZ e DANIEL RODRÍGUEZ do club de bolos L’Acabose de Tineo (Asturias).
7º clasificados: JENIFER LEA e VICENTE MO do club de bolos Estivada de Baiona (Galicia).
8º clasificados: CARMEN ROCA e MARCELINO RODRÍGUEZ do club de bolos Xove de Xove (Lugo).