Anuncios
Ticker de novas

“Todo o que supoña un paso máis cara á aprobación do PXOM para Nigrán son boas noticias”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Carlos Abal.

Carlos Abal, candidato á Alcaldía de Nigrán polo Partido Popular, e María José Pino, presidenta local, tras estar presentes en varias das reunións celebradas nas diferentes parroquias do municipio para achegar aos veciños a evolución do PXOM, sobresaen por unha banda o seu apoio en canto á aprobación da reforma das Normas Subsidiarias que acaban de ser presentadas ante o pleno e por outro afirman que todo o que supoña un paso máis cara á aprobación do PXOM para Nigrán son boas noticias.

Aclaran que tras unha boa intención debe existir unha boa xestión, e tras a revisión do texto da modificación, “curiosamente máis extenso que as propias Normas Subsidiarias”, perciben complexidade na redacción, resaltando que a súa comprensión xa é complicada para unha persoa profesional “canto máis o será para calquera veciño de Nigrán, con todo, se os técnicos municipais cren que poden seguir os criterios obxectivos que expón este tipo redacción, é asumible”, comenta Carlos Abal.

Entrando en materia, aclaran que certo é que a actualización da cartografía soluciona boa parte das alegacións anteriormente expostas e corrixe erros tamén expostos nesta fase.

En canto ao sistema de suxestións ao plan que poden facer os veciños, tanto María José Pino como Carlos Abal botan en falta a explicación do método para que entendan onde deben presentalas e con que forma deben ser atendidas, “porque se non lamentablemente é probable que queden no esquecemento”.

Como final da presentación nestas reunións, o grupo socialista anuncia que “habemus” Plan Xeral en Nigrán en marzo. O Partido Popular declara demasiado optimista a Juan González cando o afirma, e aconsellan que non se xogue coa esperanza da xente, nin se lles dea falsas expectativas, cando eles mesmos coñecen os prazos de tramitación da Administración, que non son especialmente curtos.

Carlos Abal espera que se trate da última esperanza para facer realidade as promesas feitas fai case catro anos o que empuxa ao Alcalde para facer este tipo de declaracións, pero afirma que case se pode falar de ilusionismo.

Anuncios