O Concello de Nigrán organiza unha excursión para maiores á Illa de Arousa

FOTO: TURISMO RÍAS BAIXAS // A Illa de Arousa.

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión á Illa de Arousa o 4 de outubro e cuxo prazo de inscrición abre mañá xoves 26 de setembro e pecha o luns 1 de outubro (os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán).

A excursión, con saída ás 8:30 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe tamén visitas a Cambados e, en Vilagarcía de Arousa, ao Centro de Interpretación da Conserva, Miradoiro Con do Forno e Faro de Punta Cabalo. O prezo desta viaxe é de 15 € e inclúe transporte, seguros, guía e xantar na Brasería A Salga (o menú inclúe de entrantes empanada, croquetas, embutidos e mexillóns; segundo prato a escoller entre atún, pescada ou carne; bebida, sobremesa e café).

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar «non só serve para descubrir lugares novos, senón que achéganos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, «porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

Anuncios