Ferreira: “Mentres uns enredan eu busco solucións para que Gondomar estea limpo”

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, informou esta mañá que desde hoxe mesmo comezáronse a recoller xa os envases e a realizar o baleirado dos contedores amarelos, “despois de moito esforzo técnico e legal”. O rexedor afirma que “mentres uns enredan e buscan a expulsión do goberno para ir de vítimas, eu busco solucións para que Gondomar estea limpo e mellorado”.

“As dúbidas que algúns sementan sobre o procedemento terán que expoñelas publicamente e responder ante a Mesa de Contratación, e a “idea” de Manifesto Miñor agora roubada de CABE de remunicipalizar o servizo quedou descartada por este goberno ao principio por dous motivos: porque a lei orzamentaria e de control do gasto do Estado non o permitía e porque os empregados do servizo non podían ser subrogados e pasalos a persoal funcionario”, conclúe Ferreira.