Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira organiza unha excursión a Óbidos e Nazaré en Portugal

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha excursión a Óbidos e Nazaré en Portugal, o sábado 24 e o domingo 25 de novembro. Os interesados poden reservar a súa praza nos teléfonos 617 70 43 29 e 653 79 38 44. O prezo é de 110 euros para os socios e de 115 para os non socios, incluíndo transporte en autocar, todas as entradas descritas no programa, a comida buffet do primeiro día, o hotel en pensión completa para uso dobre, o servizo de guía acompañante e o seguro de asistencia en viaxe. O suplemento por cuarto individual é de 15 euros.

Sábado 24

Saída desde o Mercado de Sabarís en dirección a Óbidos con visita á cidade amurallada. A comida deste día farase nun magnífico buffet, típico portugués cunha gran variedade de pratos. Durante a tarde, visita ás instalacións de Loridos con entrada incluída, onde se atopa o impresionante Buddha Eden, o xardín oriental máis grande en Europa. A continuación, visita á poboación de Nazaré. Cea no hotel e aloxamento.

Domingo 25

Almorzo no hotel e saída para visitar o encantador pobo de Pía do Oso, unha aldea reconstruída seguindo a tradicional arquitectura portuguesa con visita guiada. Comida no hotel e a continuación saída en dirección ao Palacio de Busaco con visita a esta impresionante contorna con entrada incluída. Inicio do traxecto de volta con paradas en ruta.

Anuncios