Os usuarios da piscina emprenderán accións legais se non se atenden as súas demandas

Un centenar de usuarios concentráronse este xoves ante as instalacións da Piscina Mancomunada do Val Miñor. Reclamaron a devolución íntegra da cota de setembro, incluídas recargas, que se poña ao día o mantemento da instalación (alicatados, pintura, portas, substitución de bancos, ventilación, etc.), que se repoñan as actividades suspendidas e reincorpórense os monitores e a suspensión da concesión a Serviocio para que entre outra empresa. Anunciaron ademais que se non se atenden estas demandas para a data da próxima concentración en Baiona, que confirmarán en canto teñan autorización, a Plataforma ten previsto iniciar medidas legais contra o Grupo Serviocio-BeOne e contra a Mancomunidade.

“Todos sabemos que isto non é de agora. Tanto usuarios como traballadores levamos moito tempo denunciando o desmantelamento da Piscina Mancomunada para beneficiar a Be One Monterreal. É de sabios rectificar, señores alcaldes, aínda están a tempo de poñer solución a este conflito, o que ata agora non fixeron. Será máis importante o benestar dos veciños do Val Miñor e dunhas instalacións públicas que todos debemos coidar, ou pola contra favorecer a unha simple empresa? Dicídesnos que non é fácil botar fóra a Serviocio, pero sabemos tan ben como vós que tedes as ferramentas e documentación para quitarlles a concesión. Nós tamén as temos xunto coas do comité de empresa e non dubidaremos en emprender accións legais. Nas vosas mans está terminar canto antes con esta situación”, sinalaron.

Anuncios