José Mª Peláez del Valle fala sobre Leonardo Da Vinci en Baiona

O Concello de Baiona continúa este xoves 9 de agosto coa oitava edición do Ciclo de Conferencias Culturais que cada ano acolle a Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). José María Peláez del Valle, escritor e profesor titular da Universidade de Vigo, impartirá a charla “Leonardo Da Vinci. A pluralidade dun xenio” a partir das 20:30 horas.