Anuncios
Ticker de novas

Esquerda Unida esixe unha convocatoria pública para cubrir as prazas do Concello de Baiona

No día de hoxe saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia a “Oferta de Emprego Público do Concello de Baiona para o ano 2018”, na que se ofertan como “Persoal Laboral Fixo. Quenda Libre” 6 prazas de Profesor da Escola de Música e 1 praza de Operario do Servizo de Limpeza Viaria; como “Persoal Funcionario. Quenda Libre” 1 praza de Auxiliar Administrativo, e como “Persoal Funcionario. Promoción Interna” 1 praza de Capataz de Brigada-Vías e Obras. Esta oferta de emprego público súmase ás que desde o ano 2008 veñen publicándose, sen que ata o de agora sexa aprobada a convocatoria pública e as bases que teñen que rexer a selección das prazas que na actualidade desempeñan funcionarios e persoal interinos.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida vén reclamando reiteradamente (a derradeira vez foi a presentación dunha moción neste senso no mes de xullo, rexeitando o Alcalde o debate, xa que “estaban traballando en elo”) a convocatoria destas prazas así como as 4 creadas por sentenza xudicial (ou a amortización das que correspondan), reclamación avalada polos informes do Departamento de Intervención, tanto no informe dos Orzamentos como en outros posteriores, nos que sinala “A necesidade de convocar as prazas que están cubertas por funcionarios interinos e que responden a ofertas de Emprego de exercicios anteriores”.

Polo tanto este Grupo Municipal esixe que se dea cumprimento á Lei, e se faga a convocatoria pública das 9 prazas de Funcionarios (7 Interinos e 2 Vacantes) e as 21 prazas de persoal laboral (3 interinos, 3 vacantes e 15 Indefinidos non fixos) que figuran no punto 1.5 da “Memoria Conta Xeral 2017” asinada polo Alcalde.

Anuncios