Anuncios
Ticker de novas

O nigranés Gony Zubizarreta proclámase campión do mundo en Xapón

O Equipo de España gañou a Medalla de Ouro na ISA Aloha cup (formato de competición de substitucións por equipos) nun apertado sprint contra o equipo local de Xapón no quinto día de competición do UR ISA World Surfing Games 2018. O capitán da selección española, Gony Zubizarreta, aínda que nacido en Bos Aires miñorano de adopción do equipo de La Conservera del Surf e pertencente ao Vigo Mafia Surf Club, foi unha peza fundamental na vitoria anotando a mellor onda do seu equipo na final cun 6,27.

“Gañar o Ouro é un sentimento incrible” dixo Zubizarreta. “É a primeira Medalla de Ouro para España e sen dúbida a ISA Aloha Cup foi a parte máis divertida do evento. Competir contra os outros equipos, as carreiras, a tensión, fano moi intenso”. “Tivemos un arranque un pouco lento pero grazas ás tres ondas que conseguiu Leticia Canales, remontamos. Necesitabamos unha onda no último minuto e logramos terminar nos últimos segundos. Foi incrible”.

A pesar do gran esforzo realizado por Kanoa Igarashi, unha das pezas craves do Equipo de Xapón, tivéronse que conformar coa Medalla de Prata por tan só 0.26 puntos. O equipo costarriqueño terminou terceiro gañando o Bronce, seguido de EEUU que gañou a Medalla de Cobre.

A ISA Aloha Cup é unha carreira de substitucións única onde se enfrontan os oito mellores equipos da anterior edición do ISA World Surfing Games. Os equipos fórmanse por catro surfeiros, 2 mulleres e 2 homes. Cada atleta ten que surfear tres ondas en 45 minutos para que todas as puntuacións sómense.

A primeira Semifinal enfrontou a Francia, Mexico, Xapón e Costa Rica mentres que na segunda Semifinal competían Portugal, España, Perú e EE.UU. Xapón e Costa Rica souberon adaptarse ás pequenas condicións que ofrecía a praia de Long Beach, avanzando á Final. En segunda Semifinal EE.UU. avanzou líder coa puntuación máis alta (53,82), seguido de España.

Xa na Final, Costa Rica situouse líder coa que sería a onda máis alta do evento conseguida por Anthony Fillingim (7,5). Con todo, grazas a unha sólida actuación por parte dos competidores masculinos e femininos dos outros equipos, Costa Rica perdeu a vantaxe.

Nos últimos segundos do heat, todos os equipos estaban de volta nas súas carpas a falta de España quen aínda tiña a Vicente Romero na auga. Cunha modesta puntuación de 1,7, Vicente logrou poñer ao seu equipo no liderado. Nun último sprint, Romero logrou chegar á meta a tempo evitando así a penalización e asegurando a Medalla de Ouro para España. Xunto a Zubizarreta e Romero competiron Nadia Erostarbe e Leticia Canales.

Gony Zubizarreta consegue a mellor posición dun surfeiro europeo

Na cuarta xornada dos “ISA World Surfing Games 2018” celebrada o mércores, os surfeiros nacionais, tras un gran papel durante o campionato, conseguiron situar á selección española dentro do top 10 mundial. Gony Zubizarreta foi o máis destacado conseguindo avanzar ata en catro eliminatorias e quedándose ás portas da gran final. Finalmente, o galego conseguiu a sexta praza sendo o surfeiro europeo mellor clasificado nesta edición dos “ISA World Surfing Games 2018”.

Anuncios