Anuncios
Ticker de novas

O Grupo de Reserva e Seguridade da Garda Civil adéstrase na ría de Pontevedra

O Grupo de Reserva e Seguridade (GRS-7) da Garda Civil, que ten a súa base na parroquia de Mourente (Pontevedra), realizou esta mañá unha serie de exercicios prácticos na ría de Pontevedra co apoio do Servizo Marítimo Provincial e o GEAS (Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas).

Este tipo de exercicios prácticos, que se integran no marco dunhas “Xornadas de Ambientación no Medio Acuático” forman parte dos plans de adestramento que realiza periodicamente esta Unidade para levar a cabo as súas funcións específicas, co obxecto de poder resolver situacións extremas nas que sexa necesario apoiar adecuadamente aos equipos de avaliación ante emerxencias marítimas, intervir en abordaxes de embarcacións sospeitosas de transportar materiais ilícitos ou sensibles e colaborar co Servizo Marítimo e o GEAS na interceptación de embarcacións con inmigrantes que pretendan a entrada ilegal en territorio nacional, bloqueos de portos causados por mobilizacións de diversa índole, así como calquera outro tipo de intervención neste medio que requira a participación de forzas da Agrupación Rural e Seguridade.

Estas “Xornadas de Ambientación no Medio Mariño”, nas que participaron efectivos do GRS-7, Servizo Marítimo Provincial de Pontevedra e o GEAS (Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas) de Coruña, deron comezo onte cunhas clases teóricas nas dependencias do GRS en Mourente e concluíron hoxe cos exercicios prácticos que se realizaron na ría de Pontevedra.

Os exercicios consistiron na realización de varios simulacros de actuacións de apoio á manobra de rescate dunha persoa no medio mariño e a abordaxe entre distintas embarcacións do Servizo Marítimo Provincial.

Anuncios