Concerto de Jorge Gispert en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 20 de abril ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto do cantautor catalán vinculado a Nigrán Jorge Gispert, quen acompañado do órgano ofrecerá un repertorio con moitas bandas sonoras do cine. A entrada é de balde ata completar aforo.