Unha muller de 69 anos faleceu esta madrugada en Gondomar despois de ser atropelada por unha furgoneta nun paso de peóns situado na estrada PO-331, á altura do polígono da Pasaxe, en Vincios. O suceso tivo lugar ao redor das 6:30 horas e, segundo confirmaron fontes da Garda Civil, o condutor da furgoneta implicada, que saíu ileso, deu positivo en cocaína e negativo en alcol. Tráfico investiga as causas do accidente, que á marxe das consecuencias penais por circular baixo os efectos das drogas, pode derivar nunha imputación grave para o condutor ante un posible homicidio por imprudencia.
Falece unha muller en Vincios tras ser atropelada nun paso de peóns

