Últimos días para inscribirse na II BTT Monteboi

Monteboi Bike Club organiza o seu II BTT o vindeiro domingo 23 de setembro, con saída ás 9:00 da mañá desde o Pavillón Municipal de Baiona. Haberá dous percorridos, un curto de 35 km e outro longo de 70 aproximadamente, cunha dificultade media-alta, pasando polas comunidades de montes de Baredo, Baíña, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona, Belesar, Mougás, Pedornes, San Xián e Viladesuso.

Haberá servizo de duchas, lavado de bicis, dous avituallamentos -un líquido e un líquido e sólido-, asistencia médica, ambulancia, quads e todorreos. A ruta, non federada e non competitiva, inclúe seguro. Será obrigatorio o uso de casco. Os menores de 16 a 18 anos deberán presentar unha autorización dos pais ou titores.

As inscricións, cun prezo de 12 euros, pódense realizar ata o 19 de setembro na Tenda Podium Bikes (O Rosal ou Tomiño), no Centro Cultural de Baredo ou ingresando o diñeiro na conta de laCaixa ES46 2100 1821 6502 0020 3045 e enviando copia do recibo máis o DNI por Whatsapp nos teléfonos 687 336 288, 637 350 096 ou 695 579 005, indicando ruta curta ou longa.

A entrega de dorsais será na Cafetería do Centro Cultural de Baredo o sábado 22 de 18:00 a 21:00 horas e o mesmo día da ruta de 8:00 a 8:45 no Pavillón Municipal de Baiona. Ao finalizar a ruta haberá petiscos e bebida, ademais do sorteo de agasallos e ceas.

Anuncios