Anuncios
Ticker de novas

Curso gratuíto de “Hixiene e Atención Socio Sanitaria” en Baiona

A Cruz Vermella, a través do seu Plan de Emprego e en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona, impartirá un curso de “Hixiene e Atención Socio Sanitaria”. Desenvolverase do 1 ao 25 de outubro de 9:00 a 14:00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana, cunha duración de 150 horas e a realización de 60 horas de prácticas non laborais e posibilidade de contratación en colaboración coa empresa Idades, SL, que se encarga do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Baiona.

A atención ás persoas maiores e dependentes representa unha das máis importantes oportunidades laborais para os próximos anos, polo que é un curso interesante a realizar.

Os interesados poderán tramitar a súa solicitude a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas. A folla de inscrición pódese descargar da páxina web do Concello de Baiona (www.baiona.org) e a entrega da mesma terase que facer igualmente no Departamento de Servizos Sociais situado na planta baixa da Casa Consistorial. O prazo de inscrición termina o 25 de setembro. Máis información no teléfono 986 42 36 66.

Anuncios