Anuncios
Ticker de novas

En liberdade con cargos o veciño de Gondomar detido por unha plantación de marihuana

O veciño de Gondomar detido o venres pola Garda Civil como suposto autor dun delito contra a saúde pública, na modalidade de cultivo e elaboración de drogas, foi posto en liberdade con cargos o sábado tras prestar declaración ante o maxistrado do Xulgado de Instrución nº 8 de Vigo, en funcións de garda. Trátase dun home, FJ.S.V., de 50 anos e sen antecedentes policiais relacionados con este tipo de delitos, ao que se lle interveu nunha casa situada na parroquia de Vincios unha plantación de marihuana, con 238 plantas e varios quilos de cogollos en proceso de secado.

No recinto da leira que circunda este domicilio, a Garda Civil incautouse dunha plantación ao aire de libre de 150 plantas de marihuana e nun galpón contiguo localizouse un secadeiro con 4 quilos de cogollos na fase final de secado e varias caixas contendo marihuana en diversos estados de elaboración, desde o cogollo en rama con follas, ata a marihuana totalmente refinada e disposta para o envasado. Unha parte importante deste galpón dispoñía dun sistema de cordas a modo de tendedeiro de onde colgaba unha importante cantidade de ramas cos seus cogollos para o seu secado.

Atopáronse tamén tres alpendres, habilitados a modo de invernadoiros, convenientemente dotados de ventiladores e sistema de iluminación, onde se atoparon outras 90 plantas de marihuana. Ademais, interviñéronse tres medidores de humidade, un deshumidificador, 20 lámpadas e 26 ventiladores eléctricos, que formaban parte da infraestrutura do cultivo e elaboración.

Anuncios