Anuncios
Ticker de novas

O baionés Herminio González e Jose Antonio Núñez adxudícanse o VIII Rallyspint Valle de Laciana

O piloto lacianiego Jose Antonio Núñez (Tito) e o copiloto baionés Herminio González adxudicáronse de forma rotunda a oitava edición do Rallysprint “Valle de Laciana”, disputado os días 8 e 9 de setembro no Concello de Villablino, na provincia de León, organizado polo Club Escudería Laciana Motor.

A bordo do seu Mitsubishi Lancer Evo VI, o equipo de Laciana Motor marcou un tempo de 32:17.900. En segunda posición quedaron os seus compañeiros de escuadra Jorge Álvarez e David de la Puente, cun Ford Escort Rs Cosworth, parando o crono en 33:11.100. Os terceiros clasificados foron Israel Martínez e Rubén Barciela, de Bierzo Racing, que marcaron co seu Renault Clio Williams un tempo de 33:24.100.

A proba, puntuable para o Campionato de Castela e León de Rallyes de asfalto, contou coa participación de preto de 40 equipos, e estivo composta por un tramo de velocidade -ao cal se lle deron oito pasadas, catro en cada sentido- de 58,480 quilómetros entre os pobos de Rioscuro e Los Bayos.

Anuncios