13 establecementos participarán na sexta edición de “As Tapas do Conde”

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) e a Concellería de Comercio de Gondomar, organizan durante os dous próximos fins de semana a sexta edición de “As Tapas do Conde”. Os días 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de setembro, 13 establecementos da Vila ofrecerán 25 tapas por tan só 2,50 euros.

Durante as seis xornadas, os veciños, visitantes e turistas poderán degustar gran variedade de elaboracións: cornete de pistacho, bacallau con garavanzos, chipiróns encebolados, tosta de vieira con pisto de fungos, salpicón de marisco e dijon, filloa rechea de crema de noz, flan, leite frito, crema de pexego, torta de chocolate branco con noces…

Os consumidores decidirán ademais cos seus votos cal é a tapa gañadora nas categorías doce e salgada. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil Wiko View 2 Go de 32 GB. Para participar hai que selar o gastromapa en catro locais diferentes.

Os establecementos participantes son Restaurante Pazo da Escola (Mañufe), Restaurante La Vitrola, A Bodega do San Xoán, Bocatería Lalo’s, Cafetería Keik, Cafetería Alameda, Bar Couso, Café Bar Estanco, Tapería A Galiña, Jamonería Tapería Bastión, Tapería Adechape, Tapería Café As Novas Torres e Restaurante Casa Soleiro.

Anuncios