Anuncios
Ticker de novas

Nigrán coroa aos campións galegos de enganches de carruaxes

Gran xornada a desenvolvida este sábado en Porto do Molle, en Nigrán, coa final do Campionato Galego de enganches de carruaxes, no que se disputaban os postos dos finalistas e coa proclamación dos campións, a cargo da Federación Hípica Galega, representada por Moncho Vázquez e Fernando Carrillo, optaban a representar a Galicia no próximo Campionato de España de enganches que se celebrará en Valencia os próximos días 29 e 30 de setembro.

Despois dunha rifada competición quedaron clasificados para representar a Galicia, na categoría de limoneras Óscar Ferro de Santiago, como campión galego, subcampión Diego Souto de terras da Estrada, e terceiro clasificado, o vigués Enrique Sierra. Na categoría de troncos, como campión galego, Manuel Nistal de Lalín, Carlos Otero da Coruña e Diego Souto terceiro clasificado.

Na categoría libre proclamouse campioa Tamara Abilleira, subcampioa Cristina Cordero de Arbo e terceiro clasificado Fernando Arenas da Coruña.

Todos eles participarán no Campionato de España, levando como xefe de equipo e asesor de xogo a Jose Manuel Costas de Nigrán, e como representante da Federación Hípica Galega, Moncho Vázquez.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios