Nigrán acolle este fin de semana o Campionato Galego de Enganches de Carruaxes

A Sociedade Hípica de Vigo 1.910, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Federación Hípica Galega, organiza este fin semana, os días 8 e 9 de setembro, en Porto do Molle, a final do Campionato Galego de Enganches de Carruaxes, disciplina hípica que se vén desenvolvendo en Galicia de forma regulamentada e baixo os estamentos federativos desde fai tres tempadas e con dúas modalidades, unha de Limonera, carruaxe enganchada por un cabalo, e outra de Tronco, enganchado por dous cabalos.

A competición consiste nun percorrido entre conos e obstáculos a realizar no menor tempo posible e sen derrubar algún dos elementos situados na pista que supoñan penalizacións. Unha competición amena, divertida e apaixonante que por segunda vez celébrase en Nigrán, con participantes de toda Galicia, tendo a Manuel Nistal como o cocheiro mais veterano e partícipe desde hai anos en probas ao longo da xeografía española e portuguesa.

A competición comezará o sábado 9 dende as 19:30 horas coa proba final do Campionato Galego de Enganches, onde se proclamarán os campións, facendo entrega dos seus trofeos e medallas, e que representarán a Galicia na Copa de España que se celebrará en Valencia os días 29 e 30 de Setembro. Despois da final, desenvolvésense unhas xincanas ou xogos mountend games onde terán cabida todos aqueles afeccionados ao cabalo de Nigrán, Val Miñor e de toda Galicia.

O domingo 9 a partir das 11:00 da mañá disputarase unha partido exhibición de Horseball (baloncesto a cabalo) e ao finalizar este, ás 12:00 horas, terá lugar o torneo “Concello de Nigrán”, onde se exhibirán os mellores competidores do enganche en Galicia.

“Trátase dun evento deportivo moi ligado ás nosas tradicións máis ascentrais que interrelacionan ao Val Miñor cos cabalos xa dende a prehistoria, co que consolidar unha actividade que atraerá a deportistas e público xeral a Nigrán unha vez rematado o verán e que sería imposible de realizar sen Jose Manuel Costas, veciño de Nigrán, como deseñador da pista e responsable da execución da proba”, declara Juan González, Alcalde de Nigrán.

O evento estará amenizado por unha feira artesanal e actuacións musicais.

Anuncios