Recollida de alimentos e artigos para cans e gatos en Sabarís

FOTO: BAI.SENPULGAS

Os días 6 e 7 de setembro realizarase unha recollida solidaria de alimentos e artigos variados para cans e gatos a beneficio da protectora de animais Bai.senpulgas. Desde as 9:00 ata as 22:00 horas poderase entregar no Carrefour Market de Sabarís penso, pipetas, colares vellos, comederos, produtos de limpeza e demais utensilios que poidan axudar no seu labor á protectora de animais do Val Miñor.

Anuncios