Anuncios
Ticker de novas

Matrícula aberta para a Escola da Agrupación Musical de Vincios

A Agrupación Musical de Vincios arranca o novo curso o vindeiro xoves día 13. Todos aqueles cativos e maiores con inquedanzas musicais e interesados en formar parte da Banda teñen aínda a oportunidade de formalizar a matrícula. A A. M. de Vincios ofrece clases de Música e Movemento para alumnado de 4 a 6 anos, grupos de linguaxe musical para maiores e cativos a partir dos 7 anos, ademais das seccións das Bandas Infantís e Xuvenís. As clases individuais de instrumento son impartidas por profesorado con formación acorde a cada especialidade: bombardino, clarinete, contrabaixo, fagot, frauta, oboe, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violonchelo. Pódese ampliar a información visitando o facebook da Agrupación Musical de Vincios ou chamando aos teléfonos 680 25 03 09 ou 667 94 59 39.

Anuncios